Picariños

Escuela Infantil Picariños As Pontes

Picariños, un equipo de profesionais expertos na educación e no campo do ocio infantil.

O noso centro caracterízase pola atención personalizada e modernas instalacións con todas as garantías en seguridade. 

Comezamos no ano 2011 e o longo destes anos fúmonos nutrindo da experiencia adquirida dando lugar a un proxecto cada ano máis completo.

Somos unha empresa especializada en animacións infantís, con máis de 8 anos de experiencia no sector. Todas as nosas festas contan con persoal cualificado e material adaptado ós nenos e nenas. 

Con Picariños atoparás o apoio para poder desenvolver as actividades que desexas. O noso Equipo educativo traballa día a día para facer servizos coa maior calidade, seguridade e diversión. Os nosos clientes non son números, son nomes e adaptámonos á realidade dos centros e das familias. Adaptamos os nosos servizos, facéndoos únicos por e para cada centro educativo, ampa ou asociación e familias.

Picariños Portada 2024
Picariños foto superior
Picariños foto final
+

Anos

Picariños

Somos así

• Atención personalizada — buscamos coñecer de xeito individual a cada cativo para adaptármonos así aos seus intereses e necesidades intelectuais e emocionais.
• Flexibilidade horaria — ofrecemos as nosas actividades nun rango horario amplo, para estar sempre dispoñibles cando se nos precisa.
• Actividades variadas e adaptadas ás demandas do grupo — en Picariños cada día e distinto, porque cambiamos a oferta de actividades para que encaixe sempre co que nenas e nenos precisan nese momento.
• Local — contamos cun local amplo e equipado con todo o material preciso para que rapaces e rapazas se sintan cómodos e seguros.

Picariños Video

CANTA E BAILA CON PICARIÑOS

Facemos todo tipo de xogos musicais e teatro para divertir as familias.

kidearn
Picariños seccion eventos

Picariños

Animacions, Servizos, Actividades, Xogos Populares, Canta e baila, Extraescolares, Conciliación, Colonias e moito máis ven a Picariños

Picariños logo