En picariños, Que ofrecemos?
En Picariños contamos cun local propio no que desenvolvemos o noso proxecto educativo ao longo de todo o ano. Ademais, tamén nos desprazamos para levar a cabo diferentes tipos de actividades, tanto para clientes públicos como privados.
Os nosos servizos xorderon como resposta ás necesidades daqueles clientes que requiren un servizo a medida con flexivilidade horaria. Todos os nosos traballos están a cargo de profesionais cualificados, e contan con material adaptado aos nenos e nenas.
Actividades do noso local
Ao longo do ano, o noso local acolle unha variada selección de actividades dirixidas aos máis pequenos.
- Aula infantil para os máis cativos ata que comezan a escola con 3 anos.
- Tardes divertidas, dos seguintes tipos:
- Tardes Marchosas: Baile y Teatro.
- Tardes Artísticas: Arteterapia y Manualidades.
- Tardes Mindfulness: Sicomotricidad, Predeporte y Yoga.
- Tardes Larpeiras: Cociña e experimentos.
- Xogo libre por recantos durante todo o horario de apertura.
- Aniversarios ou celebracións.
- Cando non hai cole: Cando remata a escola, hay acampamento! Coincidindo coas vacacións de Nadal, verán e Semana Santa, e para facilitar a conciliación das familias, ofrecemos actividades que lles permiten aos pícaros interactuar con outros nenos e nenas e gozar ao máximo do seu tempo libre. Ademais, ao longo de todo o ano celebramos festas temáticas, como xamain, entroido, etc.