En Picariños entendemos que non hai dous nenos nin dúas familias iguais, e facemos todo o posible por adaptarnos as circunstancias de cada un. Por iso ofrecemos:
• Atención personalizada — buscamos coñecer de xeito individual a cada cativo para adaptármonos así aos seus intereses e necesidades intelectuais e emocionais.
• Flexibilidade horaria — ofrecemos as nosas actividades nun rango horario amplo, para estar sempre dispoñibles cando se nos precisa.
• Actividades variadas e adaptadas ás demandas do grupo — en Picariños cada día e distinto, porque cambiamos a oferta de actividades para que encaixe sempre co que nenas e nenos precisan nese momento.
• Local — contamos cun local amplo e equipado con todo o material preciso para que rapaces e rapazas se sintan cómodos e seguros.