Picariños imagen 1
Picariños imagen 2
Picariños imagen 3
Picariños imagen 4

A empresa

Como traballamos?

Todas as actividades que leva a cabo Picariños están concibidas dende un enfoque lúdico. Esto permítenos traballar as habilidades sociais, o equilibrio emocional e o desenvolvemento intelectual dos pícaros preservando a súa curiosidade natural e as súas ganas de aprender.

No noso centro seguimos unha metodoloxia baseada nun trato personalizado, xa que cada picaro é unico. Educamos dende o respeto, xerando un clima que invita a reflexionar sobre as consecuencias dos actos e as malas conductas, xa que pensamos que o proceso de resolver diferenzas e chegar a acordos constitúe unha marabillosa oportunidade para a aprendizaxe e o crecemento persoal.

Realizamos tamén de maneira habitual actividades especificas de educacion emocional.

Ademais, de xeito transversal, buscamos inculcar valores fundamentais como a equidade, a igualdade, a tolerancia e o respeto polo medio ambiente.

Picariños logo