Picariños é unha empresa centrada na educación e desenvolvemento físico, intelectual e emocional de nenos e nenas. Fundada en As Pontes no ano 2011, traballamos as distintas habilidades dos pícaros a través de obradoiros, actividades extraescolares, animación e outras propostas de lecer.
Picariños naceu para dar resposta a aquelas familias que precisan de apoio externo para conxugar a súa vida persoal e laboral, pero non queren renunciar á tranquilidade de saber que os seus fillos e fillas quedan en boas mans. En Picariños tratamos cos máis pequenos con cariño e respecto, e fuximos de estilos educativos que interfiran nos seus ritmos naturais.