En picariños, Que ofrecemos?

En Picariños contamos cun local propio no que desenvolvemos o noso proxecto educativo ao longo de todo o ano. Ademais, tamén nos desprazamos para levar a cabo diferentes tipos de actividades, tanto para clientes públicos como privados.
Os nosos servizos xorderon como resposta ás necesidades daqueles clientes que requiren un servizo a medida con flexivilidade horaria. Todos os nosos traballos están a cargo de profesionais cualificados, e contan con material adaptado aos nenos e nenas.

Actividades do noso local

Ao longo do ano, o noso local acolle unha variada selección de actividades dirixidas aos máis pequenos.

  • Aula infantil para os máis cativos ata que comezan a escola con 3 anos.
  • Tardes divertidas, dos seguintes tipos:
  1. Tardes Marchosas: Baile y Teatro.
  2. Tardes Artísticas: Arteterapia y Manualidades.
  3. Tardes Mindfulness: Sicomotricidad, Predeporte y Yoga.
  4. Tardes Larpeiras: Cociña e experimentos.
  5. Xogo libre por recantos durante todo o horario de apertura.
  6. Aniversarios ou celebracións.
  7. Cando non hai cole: Cando remata a escola, hay acampamento! Coincidindo coas vacacións de Nadal, verán e Semana Santa, e para facilitar a conciliación das familias, ofrecemos actividades que lles permiten aos pícaros interactuar con outros nenos e nenas e gozar ao máximo do seu tempo libre. Ademais, ao longo de todo o ano celebramos festas temáticas, como xamain, entroido, etc.

Picariños logo