Servizos

Con Picariños atoparás o apoio para poder desenvolver as actividades que desexas. O noso Equipo educativo traballa día a día para facer servizos coa maior calidade, seguridade e diversión. Os nosos clientes non son números, son nomes e adaptámonos á realidade dos centros e das familias. Adaptamos os nosos servizos, facéndoos únicos por e para cada centro educativo, ampa ou asociación e familias.

Servizos
Servizos

Extraescolares:

Facilitamos a xestión das actividades extraescolares, de conciliación e a realización das actividades durante o curso. Ademais o noso equipo de coordinación velará porque todo salga perfecto. Ademais as nosas actividades extraescolares amplían a oferta educativa do teu centro educativo, ofrecendo ao alumnado a oportunidade de gozar do seu tempo libre dunha forma diferente nun ambiente lúdico, dinámico e divertido.

Ampla oferta de actividades extraescolares. Deportivas, Creativas, Formativas.

- Formativas: Animación a lectura, inglés con profesora nativa, aula ambiental, reforzo educativo, cociña, Crazy Science & Speaking, pequereporteiros.
- Artísticas: Teatro, pequebaile, pintura, Zoa Kids, ioga.
- Deportivas: Predeporte, psicomotricidade, vóley, bádminton, fútbol, multideporte, patinaxe, ximnasia deportiva.

Conciliación:

Xestionamos os servizos de conciliación como Aulas madrugadoras, é un servizo necesario para todas aquelas familias que necesitan deixar aos seus fillos e fillas antes do horario escolar.

Servizos
Servizos
Servizos
Servizos
Servizos

Colonias:

Xestionamos servizos de tempo libre durante os períodos non lectivos. Colonias Urbanas, Ludomañas. Organizamos e deseñamos as actividades lúdicas, deportivas e educativas e magníficas opción para as familias e sempre coas máximas garantías e profesionalidade.

Picariños logo